Tuesday 21 de May de 2024

Riveira acollerá durante o mes de maio as cuartas xornadas saudables cunha mesa redonda, dous obradoiros e unha charla


A iniciativa da Concellería de Servizos Sociais, a Asociación Agadea e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns e coa colaboración da Asociación Galega de Lupus (AGAL), o Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida ao longo do mes de maio á cuarta edición das Xornadas Saudables: unha programación dirixida a pacientes, coidadores e cidadanía en xeral que comprenderá un total de catro accións.

A concelleira Esther Patiño, a responsable do Centro de Día de Alzheimer Noelia Riaño, e a delegada de Santiago de AGAL, Loli Caderno, estiveron hoxe no Consistorio para desgranar o programa de eventos.

As xornadas arrancarán o 4 de maio ás 20 horas cunha Mesa Redonda titulada “Convivir co Lupus”, con participación do reumatólogo Manuel Pombo Suárez, o enfermeiro Diego Aragunde Rodríguez e a nutricionista Lorena Alfonso Martínez. O obxecto da mesa, divulgar unha enfermidade que aínda que pareza minoritaria é máis común do que parece pero non está suficientemente coñecida.

A seguinte acción terá lugar o 10 de maio ás 17 horas e consistirá nun taller de musicoterapia que ten por obxectivo previr e axudar a restablecer a saúde física e mental a través da música. Correrá a cargo de Damián Cairo Touriño.

O 24 de maio será o turno da charla “Movilización e coidados de persoas dependentes”, pronunciada por Santiago Vázquez Cardoso, enfermeiro do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Conpostela. Terá lugar ás 17 horas coa intención de dotar de habilidades aos coidadores de maiores en mobilización, cambios posturais e hixiene postural.

Por último, o 31 de maio ás 17 horas desenvolverase un obradoiro sobre hábitos de vida saudables que será impartido por Ana María Lorente, técnico do servizo de estilo de vida saudable e educación para a saúde da Consellería de Sanidade. A súa aspiración e concienciar á poboación acerca da importancia de pracricar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida contribuíndo á prevención de enfermidades.

Dende a organización se explicou que non é imprescindible inscribirse, pero si recomendable co fin de ter un control sobre o aforo. Para facelo pódese pódese contactar co Departamento de Servizos Sociais situado no edificio Miradoiro de Padín (981 874 131 / servizossociais@riveira.com) ou ben a través da páxina web de Agadea http://agadea.org.